As atraccións do Santiaguiño funcionarán sen música unha hora ao día

566
  • A medida quere atender aos nenos e nenas autistas para os que resulta difícil estar en espazos con moito ruído.

O Concello de Pontevedra chegou hoxe a un acordo cos feirantes que instalaron as súas atraccións nas Festas do Santiaguiño do Burgo para que cada día, entre as 19.00 e as 20.00 horas, desenvolvan a súa actividade sen música. Comezarán esta mesma tarde.

Este consenso negociado coa Concellaría de Festas pretende ser un chanzo máis para que as festas de verán de Pontevedra sexan inclusivas. Neste caso, en relación aos nenos e nenas autistas para os que resulta moi dificultoso estar en espazos con moito ruído.

O Concello negociará as mesmas condicións cos feirantes que instalen as súas atraccións na Peregrina.