O Concello xestiona a contratación de 30 mulleres en risco de exclusión na empresa Atunlo

18
  • É unha compañía do Grove que traballa no sector conserveiro.
  • Foron contratados a media xornada, durante un mes, coa posibilidade de estabilidade laboral en función do rendemento.

A Concellaría de Benestar que xestiona a concelleira Paloma Castro, a través do equipo de Inclusión Social que ten entre as súas funcións a búsqueda de emprego para persoas en idade laboral e en risco de exclusión social, iniciou a mediados do mes de xuño un proceso para cubrir postos de traballo na empresa Atunlo, do Grove. Logo dun proceso de selección e de formación, conseguiuse a contratación de 30 mulleres por un período dun mes, e a posibilidade de ampliar esta contratación en función do rendemento laboral; e incluso a opción incrementar até 75 os postos de traballo.

A Concellaría comezou cun proceso de preselección de persoas co perfil acaído á oferta que a empresa realizaba. Atunlo é unha fábrica na que se producen lomos de atún precocido e limpo destinados á conserva.

Logo dunha primeira fase de difusión, celebrouse o pasado 19 de xuño unha xornada formativa na que participaron arredor de 80 persoas. Días despois, na Casa Azul realizouse a selección dos interesados no traballo. Foron 41. Delas, foron 30 as persoas que finalmente foron contratadas a media xornada, un mes de duración, coa posibilidade de estabilidade no posto en función do rendemento laboral, e comezaron a traballar este pasado sábado.

Paloma Castro destacou a importancia deste contrato nunha dobre vertente, por un lado, “pola incorporación de persoas en risco de exclusión ao engrañaxe do mercado laboral, e especialmente por tratarse de mulleres as que se suman ao traballo por ser o sector máis precarizado e desprotexido”.