O alcalde recibe á coordinadora das Escolas da Unesco de Cuba, de visita en Pontevedra

25

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a Delia Vera, coordinadora das Escolas Asociadas da Unesco en Cuba que está de visita en Pontevedra, aproveitando o Congreso que as escolas celebrarán a vindeira semana en Madrid.

Acompañada da coordinadora das Escolas da Unesco en Galicia, Luisa Márquez, Delia Vera puido falar co alcalde comentándolle os proxectos en común que os centros de ensino de Cuba teñen con centros galegos. De feito, Fernández Lores lembrou que nestes últimos anos se teñen feito intercambios de centros cubanos con centros de Pontevedra “sendo una experiencia moi positiva” para ambos.