- As actividades iniciaranse mañá, mercores 22 ás 20:30 co encontro lector con autor Antón Lopo na Libraría Paz
- A diversidade sexual na infancia e a discapacidade intelectual , informar na diversidade ou as políticas LGTBI serán outros temas a debater os xoves de xuño
- O FLOP Cinema, do 28 de maio ao 1 de xuño no Principal, contará con 4 filmes seleccionados por Novos Cinemas, Pinto e Maragota, Cineclube Pontevedra e Asociación Avante e 4 curtas da man do FIC Bueu.
A concelleira de Igualdade Carme Fouces, presentou esta mañá unha “batería de actividades en torno á celebración do 28 de xuño, Día do Ogullo LGTBI”. Para iso quixo contar coas entidades implicadas na selección dos filmes que conformarán o programa do FLOP Cinema porque “é vital implicar aos axentes da cidade”, polo que asistiron Olalla Márquez do Cineclube, Suso Novás de Novos Cinemas e María Ruíz Falcó do FIC Bueu.
Carme apuntou a existencia no Concello de Pontevedra dun programa estable e con continuidade como é o ‘Pinto e Maragota’ sobre a diversidade sexual que programa encontros, actividades con centros escolares, divulgativas, etc. tales como os Faladoiros que hoxe se presentaron. O primeiro deles, con carácter de Cóctel Literario, contará co autor Antón Lopo e xirará sobre a súa obra “Extraordinario”, Premio Narrativa Breve Repsol. Terá lugar mañá mércores 22 ás 20:30 horas na Libraría Paz e, tal e como apuntaron dende a organización “está coordinadinado para que non se solape co encontro de Ledicia Costas e o público poida asistir a ambos”.
Os seguintes faladoiros, dos que formarán parte xornalistas que representarán medios locais, terán lugar todos o xoves de xuño ás 20:30h. na Casa da Luz.
Xoves 6 de xuño
Faladoiro diverso:
“A diversidade de xénero na infancia e na adolescencia”, a cargo de Inés del Río, Pediatra.
Xoves 13 de xuño
Faladoiro diverso:
“Diversidade sexual e discapacidade intelectual: dereitos sexuais en propia voz”, Equipo DES grupo LGTBI de persoas con diversidade cognitiva
Xoves 20 de xuño
Faladoiro diverso:
“Informar na diversidade”, debate sobre o papel dos medios de comunicación no camiño cara a visibilización e dignificación do colectivo LGBTIQ+.
Xoves 27 de xuño
Faladoiro diverso:
“Políticas LGTBIQ+, a igualdade é posible”,a cargo de representantes dos diversos grupos parlamentarios galegos.
O FLOP CINEMA, do martes 28 ao sábado 1 no Teatro Principal é unha escolma do cinema máis clásico ao máis actual realizada por Cineclube Pontevedra, Novos Cinemas, FIC Bueu, Pinto e Maragota e Asociación Avante que tratan cuestións diversas como 5 días a vida dunha muller transexual (‘Un ano con 13 lúas’ – 1978), a relación de dúas xitanas lesbianas (‘Carmen y Lola’) ou o sida en ‘120 pulsacións por minuto’.
A identidade de xénero na adolescencia será a protagonista das curtas seleccionadas polo FIC Bueu, dúas delas de xénero ficción – unha de animación e outra de imaxe real – e a teceira documental
Sobre ‘Puta e amada’ Suso Novás apuntou que “vai na liña editorial do festival e cun punto almodovariano é un filme divertido e vodevilesco que permite ensalzar as pelis de baixo presuposto e unha apertura para a sociedade que non quere entender a diversidade”
Carme rematou facendo un chamado ao público a “asistir, sen ningunha necesidade de pertencer a ningún colectivo. Facer reflexionar, divertir e amosar o que está pasando no mundo. É un ciclo aberto a todo o mundo e unha escolma fantástica. O cinema e os faladoiros son unha desculpa para falar e constuír unha sociedade bastante mellor da que nos di.n que temos”
Martes, 28 de maio ás 20,30 h – UN ANO CON TRECE LÚAS
(Alemaña 1978, 124´, VOSE) 20,30 h
Rainer Werner Fassbinder
En colaboración co Cineclube Pontevedra
Mércores, 29 de maio ás 20,30 h – PUTA Y AMADA
(España 2018, 62´)
Marc Ferrer
En colaboración co Novos Cinemas
Xoves, 30 de maio ás 20,30 h CURTAMETRAXES DIVERSAS (70´)
Selección a cargo de FIC Bueu
Sirene
Zara Dwinger (2017)
Manivald
Chintis Lundgren (2017)
Alma
Santiago León Cuéllar (2018)
Haus
Joseph Amenta (2018)
Venres, 31 de maio ás 20,30 h CARMEN Y LOLA
(España 2018, 105´)
Arantxa Echevarría
En colaboración con Pinto e Maragota,
programa municipal para a diversidade sexual
Sábado, 1 de xuño ás 20,00 h 120 PULSACIÓNS POR MINUTO
(Francia 2018, 145´, VOSE)
Robin Campillo
En colaboración con Avante Pontevedra