Despedida da Corporación municipal

11

O Concello de Pontevedra celebrou o luns, 1 de abril, o último pleno ordinario da Corporación Municipal que se despediu dando por pechado o mandato 2015-2019 e agardando até a celebración das vindeiras eleccións municipais convocadas para o 26 de maio.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, en nome da Corporación agradeceu a participación de todos os concelleiros e concelleiras, e especialmente daqueles que abandonarán a política municipal no vindeiro mes de xuño.

Quixo agradecer o traballo de todas e todos a prol dos veciños e veciñas do Concello de Pontevedra, “un traballo non sempre ben visto”.