O Salón inaugura ‘Obxectivos de Desenvolvento Sostible’, do Fondo Galego de Cooperación, na Biblioteca Antonio Odriozola

56
  • As 17 viñetas, unha por cada obxectivo, pertencen a 15 ilustradores/as de Galiza e diferentes países africanos da lusofonía como Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau
  • Esta inauguración e a da exposición MOTIM no Museo de Pontevedra mañá ás 11:30h. forman parte dos actos previos á inauguración do Salón o sábado 23 ás 12:00 co espectáculo ‘Paseniño, paseniño’ no auditorio do Pazo da Cultura.

A concelleira de Cultura, Carme Fouces, inaugurou esta mañá xunto á Secretaria do Fondo Galego, Andrea Mª García Corzo e a directora da biblioteca, Alejandra Mosquera Souto a exposición ‘Os obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Un camino para cavar coa pobreza alá e acolá’. “A cidade de Pontevedra está comprometida con este platexamento da ONU e especialmente cos obxectivos 9 e 11 que falan da creación de estructuras sostibles e o espazos inclusivos, cumprindo uns obxectivos que son complicados especialmente no ámbito urbano” sinalou Carme, que apunta que este acto é o “pistoletazo de saída do Salón que se inaugura o sábado ás 12:00 no auditorio do Pazo”.

Antes de ceder á palabra a concelleira agradeceu ao Fondo Galego o feito de poder gozar desta mostra e a cesión do espazo á biblioteca para acoller esta exposición que permite un dos obxectivos do Salón: espallarse por toda a cidade. Alejandra Mosquera coincidiu na importancia de cumprir con esta axenda de obxectivos marcados pola ONU.

Andrea García, do Fondo Galego do que forman parte Concellos e Deputacións galegos, sinalou a implicación por parte do Concello de Pontevedra e a escolla da cultura lusófona como convidada. “Grazas á nosa lingua gozamos da vantaxe de ter facilidades para cooperar e manter conversas con países da mesma fala tales como os dos ilustradores que achegaron láminas para a mostra”. Para rematar a súa intervención, sinalou a importancia destes obxectivos marcados pola ONU que sinalan ás entidades subestatais como responsables para acadar en 2030 un mundo ecolóxicamente sostible e humanamente sen pobreza e obriga a municipios e persoas, fomentando unha maior concienciación”.

Creada arredor das metas fixadas pola ONU para erradicar a pobreza en 2030, estácomposta por 17 láminas, unha por cada obxectivo de desenvolvemento sostible, obra de 15 debuxantes, tanto de Galicia coma de países africanos da Lusofonía como son Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau. Podemos atopar as sinaturas de Neivaldo Nhatugueja, Iago Araujo, Pablo Rosendo, Roberto Mendes, María Nóvoa, Alberto Fortes, María Vilar, Jano, Alicia Jaraba, Clara Patiño, Paula Esteban, Noemí López, Laprislazuli, Tokio ou Luis Davila.

A exposición, innovadora tamén no seu formato ao ir as ilustracións montadas sobre grandes caixas de cartón,  preeénde fomentar a reflexión, a nivel local e global, sobre temas como a loita contra a fame, o acceso á saúde e á educación, a equidade de xénero ou a protección do planeta. Tamén se busca concienciar sobre as medidas que cadaquén pode tomar e/ou esixir ao respecto.

Descricións dos obxectivos e autoría da cada lámina:

  • ODS 1: Pórlle fin á pobreza en todas as súas formas en todo o mundo. Neivaldo Nhatugueja (Mozambique).
  • ODS 2: Pórlle fin á fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sustentable. Iago Araujo Molina(Galicia).
  • ODS 3: Garantir unha vida sa e promover o benestar para todos en todas as idades. Pablo Rosendo (Galicia).
  • ODS 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos. Roberto Mendes (Guinea-Bissau).
  • ODS 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. María Nóvoa (Galicia).
  • ODS 6: Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para todos. Alberto Fortes ‘Litó‘ (Cabo Verde).
  • ODS 7: Garantir o acceso a unha enerxía alcanzable, segura, sustentable e moderna para todos. María Vilar (Galicia).
  • ODS 8: Promover un crecemento económico sostido, inclusivo e sustentable, o emprego pleno e produtivo e o traballo decente para todos. Jano(Galicia).
  • ODS 9: Construír infraestruturas resilientes, promover a industrialización inclusiva e sustentable e fomentar a innovación. Luis Davila (Galicia).
  • ODS 10: Reducir a desigualdade en e entre os países. Alicia Jaraba (Galicia).
  • ODS 11: Lograr que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sustentables. Clara Patiño (Galicia).
  • ODS 12: Garantir modalidades de consumo e produción sustentables. Roberto Mendes (Guinea-Bissau).
  • ODS 13: Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos. Paula Esteban Blanco (Galicia).
  • ODS 14: Conservar e utilizar de forma sustentable os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sostible. Noemí López(Galicia).
  • ODS 15: Promover o uso sustentable dos ecosistemas terrestres, loitar contra a desertización, deter e inverter a degradación das terras e frear a perda da diversidade biolóxica. Laprislazuli (Galicia).
  • ODS 16: Promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, facilitar o acceso á xustiza para todos e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis. Tokio (Galicia).
  • ODS 17: Fortalecer os medios de execución e revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible. Alberto Fortes ‘Litó‘ (Cabo Verde).

Podedes ver toas as láminas aquí