O Concello supera os 100 millóns de orzamento en 2018

27
  • Dispón de 31 millóns de fondos líquidos, un superávit de 6,2 millóns e un remanente de tesourería de 19,2 millóns
  • A débeda é a máis baixa dos últimos 27 anos.

O Concello de Pontevedra pechou o ano 2018 cun orzamento de 101.076.016 euros, incorporando case máis de 26 millóns de euros á cifra inicial de 75.180.000 euros. O concelleiro de Economía, Raimundo González destacou esta mañá a boa saúde financeira do Concello que dispón de 31 millóns de fondos líquidos, un superávit de 3,3 millóns, un remanente de Tesourería é de 19 millóns, e unha débeda é a máis baixa dos últimos 27 anos.

Raimundo González resumiu esta mañá os principais datos da liquidación do orzamento de 2018, que son os seguintes:

  • Fondos líquidos de Tesourería son 31.005.000 euros, é dicir, 2,5 millóns de euros máis que na pasada anualidade.
  • Superávit de 6.246.910 euros. Similar á de 2016 que foi de 5,6 millóns, pero  fronte a esta situación, o índice de execución en termos constantes foi moi elevado.
  • Diminución da débeda a 12.103.305,47 millóns de euros. É pouco máis do 18%, e está en mínimos históricos, sendo a cifra máis baixa dende 1991.
  • Teito de gasto. As obrigas de pago do Concello foron de máis 72 millóns euros, e faltou para esgotar o teito de gasto o 3,57%. De ter superado o teito de gasto, o Concello debería ter realizado un plan económico financeiro que debera ser aprobado pola Xunta de Galicia.
  • Remanente de Tesourería foi de 19,2 millóns.

O concelleiro de Economía tamén destacou que o comportamento dos pontevedreses foi mellor que en anos anteriores. De feito, as obrigas fiscais incrementáronse dende o 86,26% ao 88,37%. “É dicir, houbo un bo comportamento dos ingresos”, concluíu.

Tamén resaltou a intensa tramitación administrativa que foi para xestionar case 87 millóns de euros, e que se viu deslucida pola tardía incorporación do superávit cara mediados de ano. Nestes momentos o Goberno Local aínda agarda saber a que fin pode destinar este superávit, ademais de a amortización de débeda.

O concelleiro de Economía lamentou que “o Goberno Central encadee aos concellos en colaboración coa FEMP porque lle pon nome e apelidos ao superávit e non se pode gastar noutras cousas que non sexan amortización de débeda e investimentos financieiramente sostibles. E fronte a isto, non se toque a regra de gasto, por exemplo”.