Rematada a reparación de máis de 200 bancos na cidade

75
  • Realizáronse traballos no barrio de Monte Porreiro, na Illa do Cobo e tamén no centro da cidade.

O Concello de Pontevedra rematou nestes días os labores de reparación de máis de 200 bancos no centro urbano e nos barrios. A intervención no mobiliario urbano de madeira do Concello é habitual pasado certo tempo, dado que o uso e, especialmente, a climatoloxía deterioran o material dos bancos, de tal modo que non resultan agradables para o seu uso; e incluso poden chegar a resultar perigosos.

No 2018 reparáronse máis de 200 bancos situados en distintos puntos da área urbana dende a Illa do Cobo até o centro da cidade ou o barrio de Monte Porreiro.

O traballo consistiu na limpeza de toda a estrutura; no decapado, lixado e vernizado das madeiras que se fixo ben no mesmo sito no que se atopaba o banco ou, nalgúns casos, trasladouse para tratalos no taller. Tamén se limparon e pintaron os pes de metal; e fixeronse substitucións daquelas táboas ou pezas que estaban en mal estado ou que houbo que retirar.

Ademais do tratamento aos bancos, bancadas e asentos, tamén se fixo un tratamento a papeleiras e fontes dalgunhas das prazas.

Restauráronse os bancos de rúas como Italia, Alemaña, Luxemburgo, Irlanda, Reino Unido, Escocia, a praza de Europa, a praza Reino Unido, todas elas do barrio de Monte Porreiro; o parque Amalia Álvarez, Eduardo Pondal, Santa Teresa de Jesús Jornet, avenida de Marín, Enrique Labarta, Frei Tomé de Sarria, Glorieta de Compostela, O Burgo, Alcade Hevia, rúa da Pomba, Fernando II ou bancos da Illa do Cobo.

Tamén no ano 2017 o Concello fixo mantemento e reparacións en máis de 400 bancos tanto do centro da cidade como dos barrios.

Saúdos  ;-))

Rematada a reparación de máis
de 200 bancos na cidade