O Pazo acolle até o 24 de febreiro a exposición Ana Juan, debuxando ao alén

7

A sala de exposicións do Pazo da Cultura acolle até o vindeiro 24 de febreiro a exposición Ana Juan, debuxando ao alén. As esquisitas imaxes do Premio Nacional de Ilustración 2010 e colaboradora asidua do New Yorker, poden contemplarse nunha exposición interactiva na que a realidade virtual compaña ao visitante en toda a súa viaxe polo mundo gráfico de Ana Juan.

A narrativa de Ana Juan permite ao visitante reflexionar sobre as problemáticas sociais actuais. Nelas está o papel da muller, a soidade ou a incapacidade de ser donos do noso propio destino.

O particular mundo dos crarosescuros da ilustradora cobra vida no videoxogo Etharland, convertindo á sala de exposicións nun verdadeiro taboleiro de xogo no que o usuario, gaña máis vida para a lectura, e é o verdadeiro centro da exposición.

A mostra é unha clara conexión entre tecnoloxía, ciencia e ilustración, que ofrecen a posibilidade de entrelazarse no mundo imaxinario e virtual da creadora. Ana Juan descobre de xeito orixinal e pioneiro, unha visión persoal e alonxada do enfoque tradicional do clásico conto de brancaneves.

O Concello de Pontevedra, a través do Pazo da Cultura, organiza esta exposición en colaboración con Acción Cultural Española.

Foi inaugurada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, que foron acompañados do director de proxectos de Acción Cultural, Santiago Herrero; da comisiara Nuria Rodríguez; e da propia Ana Juan.