Lores e Feijoó fan un seguimento aos proxectos da Xunta en Pontevedra a vindeira semana

42

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, reúnese o vindeiro luns, 22 de outubro co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, en Santiago. Irá acompañado do concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera que desgranou os temas principais que lle exporán ao presidente, un dossier que xa lle foi entregado.

Explicou Mosquera que “non hai tema en si que xustifique a entrevista, pero si hai asuntos no concello que precisan ser afinados ou ben a intervención directa do presidente”.

Destacou que houbo un cambio de actitude da Xunta de Galicia en relación a Pontevedra “e agardemos que siga nesta vía”.

Entre os asuntos que o alcalde tratará co presidente atópanse algúns recurrentes como a Variante de Alba, o Pavillón da Parda ou o Gran Montecelo, e outros máis novidosos como a posible creación dunha residencia da terceira idade na cidade, para a que o Concello está disposto a achegar terreos, se fose necesario; ou a posibilidade da cesión dun andar do edificio de Benito Corbal para a instalación dun espazo de economía creactiva.

Outros temas que estarán na entrevista será o posicionamento real sobre a EDAR de Praceres, a posibilidade de crear novas dotacións educativas na cidade, a falta de imparcialidade da Televisión de Galiza.

Asuntos a tratar co presidente da Xunta