O Europeo de Loitas Olímpicas de Pontevedra celébrase a primeira semana de xuño de 2019

2

    • A reunión do Comité organizador celebrada hoxe na localidade italiana de Ostia puxo sobre a mesa as necesidades de infraestrutura e voluntariado.
    • Está previsto que a Pontevedra acudan delegacións de preto de 40 países.

Despois dos encontros do domingo coas federacións que participan no Europeo de Loita  que se celebra esta semana na localidade italina de Ostia, a xornada de hoxe foi o día de encontros da delegación española encabezada pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro coa Federación italiana e Federación internacional para pór as bases para a preparación do Campionato que acollerá Pontevedra na primeira semana de xuño de 2019.

O Campionato de Europa de Loitas Olímpicas é un evento deportivo que mobiliza a deportistas achegados dende preto de 40 países de Europa e que ten grande complexidade en tanto á loxística de atención a todas as delegacións como á infraenstructura deportiva necesaria.

Polo tanto, o Pavillón Municipal será a sede que albergará este evento e deberá transformarse para a ocasión habilitando espazos de quecemento para os deportistas, para os medios de retransmisión, para o gran número de árbitros que require a proba, e a transformación total da pista de xogo actual xa que debe elevarse un metro a respeito da actual.

Nas reunións desta mañá analizárone os labores de apoio para o campionato polos que será necesario mobilizar a un gran número de persoas que colaboren. Galiza conta con preto de 2.000 licenzas neste deporte e 36 clubs que de seguro que se van volcar nesta cita histórica para a Loita no Estado español.