-
- O orzamento de licitación é de 300.000 euros e a Mesa de contratación reúnese o vindeiro mércores para coñecer as ofertas técnicas presentadas
A Mesa de contratación do Concello de Pontevedra abriu as 13 ofertas presentadas para a creación dun parque infantil no barrio de Campolongo. A Mesa volverase a reunir o vindeiro mércores, 2 de maio, para estudar a oferta técnica das empresas presentadas, que son as seguintes:
-
-
- Lapset
- Kompan
- Ferrovial
- Isaba
- HPC Iberica
- Zona de obra O Rosal
- Sport Equipalia
- Oziona
- Jardincelas
- Naron
- Althenia
- Bricantel
- Piñeiro construcciones
-
O prezo de licitación do parque é de 300.000 euros e está pensado para un abano de idades moi amplo, situado entre o paseo cuberto do Gafos, a EEI Crespo Rivas e a piscina municipal de Campolongo.
A actuación pretende crear unha área de xogos de 930 metros cadrados, dividida en 3 zonas diferenciadas:
-
- unha para os máis pequenos, menores de 6 anos. Esta área terá unha superficie de 200 metros cadrados e disporá de xogos inclusivos.
- unha para maiores de seis anos, cunha superficie de 450 metros cadrados, na que se disporá dun xogo tipo tirolina, outro de cesta múltiple e unha torre que terá, alomenos, tobogáns de alturas entre os 2,5 e os 6,5 metros.
- unha zona intermedia para os acompañantes e para os accesos cunha superficie de 450 metros cadrados, na que ademais de bancos tamén se instalarán mesas de xogo, outra de tenis de mesa e unha fonte adaptada.
O parque de Campolongo será, tal vez, o máis importante que teña a cidade. Foi unha decisión do Concello o de elixir este barrio para este novo equipamento infantil dado que é un dos barrios da cidade máis poboados e con maior poboación infantil, e só conta co parque do Cogumelo.