Quedan 365 días para o Festival Multisport de Tríatlon en Pontevedra

36
    • Dúas bandeiras ondean dende hoxe na praza do Concello e na Ponte dos Tirantes.
    • Está previsto a celebración de dous comites organizadores en vindeiras datas: en Pontevedra e en Dinamarca.

Comeza a conta atrás para a celebración en Pontevedra do Festival Multisport Pontevedra 2019 de Tríatlon. Dende hoxe mesmo falta, exactamente, un ano para que se celebre a primeira proba de tríatlon na cidade polo que o Concello acaba de instalar dúas bandeiras do campionato: unha na praza de España e outra na ponte dos Tirantes, que permanecerán neste lugar até o inicio e celebración de todo o campionato.

Ademais, o Concello xa traballa na organización da reunión do Comité organizador que se celebrará en Pontevedra no vindeiro mes de maio, e tamén no encontro que o mesmo comité terá en Dinamarca o 12 e 13 de xullo, onde se celebrará o Festival Multisport este ano. Até a localidade danesa acudirá unha delegación do Concello para participar naquela reunión e para recoller a bandeira do campionato que onderá na cidade até o seu inicio en abril de 2019.

Festival Multisport Pontevedra 2019 inclúe os campionatos do mundo de Áquatlon, Tríatlon de longa distancia, Tríatlon Cross, Dúatlon e Aquabike (3 km de natación e 120 km de carreira en bici).

Está previsto que durante uns 10 días, congregue na cidade a arredor de 4.000 deportistas, o que suporá unha visita de máis de 10.000 persoas dado que este tipo de atletas soen viaxar acompañados das súas familias. Isto supón un revulsivo económico moi importante para Pontevedra, a súa comarca e a provincia.

O primeiro Festival Multisport celebrouse o pasado ano en Canadá (onde Pontevedra xa tivo a súa representación trasladando a súa imaxe), e este 2018 en Dinamarca.