-
- Nesta operación de crédito tamén se inclúen partidas para sumidoiros, zonas verdes e unha parte do parque infantil de Campolongo
O Concello de Pontevedra pechou esta mañá o acordo con Abanca para a financiación do crédito do ano 2017 por valor de 2,5 millóns de euros, coa sinatura do alcalde e os representantes da entidade bancaria, ante o secretario municipal e os responsables da Intervención municipal.
O crédito asinado ten as seguintes condicións:
-
- Euribor a tres meses + 0,076% (de aplicarase agora o interese será de 0,431%)
- Dous anos de carencia máis 10 anos de amortización.
Os investimentos que o Concello financiará con esta operación de crédito son:
-
- Rede de sumidoiros: 200.000 euros
- Mellora de accesibilidade rural: 1.200.000 euros
- Melloras de accesibilidade urbana: 900.000 euros
- Xardíns e zonas verdes: 25.000 euros
- Parques infantís: Campolongo e outros: 175.000 euros