Dende o 7 de decembro, as excelencia do ilustrador Page Tsou, na sala de exposicións do Pazo

119
  • A súa obra, amosada en España por segunda vez, permanecerá instalada e visitable ata o 14 de xaneiro no horario habitual de apertura da sala e con entrada libre.
  • En torno a ela terán lugar diferentes actividades e obradoiros para achegar a arte ao público máis novo.

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura acollerá do 7 de decembro ao 14 de xaneiro a mostra  Hide- and- seek [ xogo do agocho] do artista  Page  Tsou (Taiwan, 1978) que exhibe a súa obra en España por segunda vez. A exposición reúne dez proxectos que comprenden máis dun centenar de orixinais do ilustrador e creativo taiwanés, coñecido polos seus deliciosos e galardoados libros ilustrados para nenos e galardoado con diferentes premios. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, destacou “a importancia de non só traer a obra deste referente da ilustración, multipremiado no mundo da creatividade e montar esta ambiciosa exposición na nosa cidade, senón contar coa súa presenza o día da inauguración, á que tamén asistirá Fernando Su en representación da embaixada de Taiwan. Pontevedra conta cunha Facultade de Belas Artes, un Máster de Ilustración e a Escola de Banda Deseñada Garaxe Hermético de Kiko Dasilva. Un gran desplegué sobre este universo que agardamos que vaia a máis”.

Parte das iniciativas para colaborar a crear un “público crítico no arte e co mundo”, tal e como dixo Itziar Ezquieta, son as diferentes actividades para nenos/as e adolescentes que se programarán en torno á mostra. (Serán de balde e con inscricicón no Pazo dadas as prazas limitadas – máximo 25)

En decembro e pendentes de data terán lugar dúas visitas-obradoiro (a partir de 13 anos) da man de dous xóvenes e talentosos ilustradores formados na Facultade de Belas Artes e no Mestrado de Álbum Ilustrado e Animación da Universidade de Vigo:

  • Beatriz Rodríguez Gregores. Galardoada co primeiro premio de banda deseñada Xuventude Crea 2017 (certame promovido pola concellaria de xuventude da Xunta de Galicia)
  • Daniel Rodriguez Palacios (Lizartonne). Director da xoven escola de Stop motion Kraken (Primeira Escola  adicada á animación por stop motion que abriu as súas portas recentemente en Pontevedra)

En xaneiro terán lugar outras dúas actividades dirixidas pola artista e profesora universitaria-Itziar Ezquieta:

  • Xogando ás agachadas -Experimenta a través do universo de Page Tsou (do 2 ao 4 xaneiro)

Obradoiro de ilustración e debuxo para público infantil (6-13 anos).

Durante catro sesións continuadas (2-5 de xaneiro), en sesións de 90 minutos e cun contacto directo coa exposición, e cos libros ilustrados do artista; os rapaces elaborarán unha historia ilustrada.

Partindo da observación previa e o estudo da obra  e os conceptos que se vinculan a ela como son a fantasía e o surrealismo, traballaremos o debuxo e a súa capacidade para narrar historias ( a linguaxe visual como medio de comunicación)

Posibilidade de peche da actividade á clausura da exposición cunha mostra de traballo e actividade aberta

  • Xogando as agachadas. Page Tso para centros escolares (8 – 12 Xaneiro)

Durante a última semana de exposición se ofertará visita-actividade a grupos 20-30 (60 minutos) alumnos de primaria e  secundaria – colexios.

SOBRE A MOSTRA

As obras de  Page  Tsou son unha fusión de técnicas nas que se poden apreciar influencias do cómic xaponés, da arte urbana e da pintura tradicional oriental. Un universo artístico complexo —máis próximo á sofisticación europea que ao  exotismo asiático a pesar do seu dominio da tinta chinesa— no que se mesturan motivos  atemporales e un continuo afán de ruptura co previamente establecido.

Na mostra recrea un mundo  onírico, ás veces inquietante e sempre enigmático, onde as súas mensaxes esconden lecturas diversas —a influencia de René  Magritte está patente en toda a súa obra—. O título da mostra é en si un xogo de palabras: “Gústame debuxar incluíndo sinais ocultos e distintos significados. A maioría das miñas obras son libros ilustrados nos que se tratan certos temas serios envoltos da inocencia e a diversión dos nenos. Esta é a idea principal que reflicte a exposición”, explica  Tsou.

Ao empregar o termo esconder (hide) o artista fai referencia ao acto de oculta, pero tamén de revelar unha verdade que estaba agochada e que normalmente é ignorada.  Ao buscar (seek) obriga ao espectador/a a facer un traballo de revisionismo, a romper os seus esquemas e abrir os ollos por primeira vez. “Tento descubrir os fenómenos sociais que o público ve pero que ignora na súa vida cotiá”.

Os temas bélicos son recurrentes na súa obra, reflictindo o infinitamente contradictorio do comoportamento humano. The And, O soldado de chumbo,, Toy Car, Dancing Feathers o as series TOP Gun ou The Gift that Keeps on Giving xeran un efecto máxico e mergullan o espectador – adulto para apreciar o valor estético da súa obra e neno para xogar con Tsou ás agochadas- nun lugar no que aidade non afecta á nosa interpretación da realidade, senón os ollos cos que a miramos.

SOBRE O AUTOR

Page  Tsou (Taiwan, 1978) se  graduó en Belas Artes pola Universidade Nacional de  Chiayi, especializouse en pintura a tinta chinesa e deseño gráfico e estudou artes visuais no  Royal  College  of  Art de Londres. O autor é especialmente coñecido en España como ilustrador de libros infantís, como O soldado de chumbo, publicado en 2012 por Edicións  SM. Ademais, foi recoñecido con galardóns internacionais como o Premio de Debuxo  Man  Group en 2008 e o Premio Internacional de Ilustración Feira de Bolonia-Fundación  SM en 2011. As súas obras forman parte de coleccións públicas e privadas como a Fundación  Conran (Reino Unido), o Museo de Belas Artes de Taipei (Taiwan) e o Museo do Cartel de  Wilanów (Polonia). Internacionalmente o nome de  Page  Tsou tamén está asociado a traballos creativos para marcas como Johnny  Walker,  Gucci ou  Montblanc. Ademais foi comisario da Exposición da Casa Internacional do Deseño para a Capital do Deseño Mundial 2016 en Taipei e do Pavillón de Taiwan na Mostra de Ilustradores de Bolonia en 2017.