“Cóxegas”  regresa ao Pazo en novembro con espectáculos de danza, teatro e circo para público familiar

228
  • Pezas de premiadas compañías estatais e unha estrea conforman o programa
  • As entradas están á venda  dende hoxe en Ataquilla.com a un prezo de 6€+ gastos.
  • Sortearase un pase cuádruple para cada un dos espectáculos.

O ciclo ‘Cóxegas’ resgresa no mes de novembro ao Pazo da Cultura para festexar a que será a 3ª edición deste proxecto de caracter familiar que naceu para achegar as artes escénicas (teatro, circo, danza, etc) aos/ás máis pequenos/as. Un ciclo de ademais colabora na xeración de novos públicos, xa que a maior parte dos espectáculos (3 de 4) son recomendados a partir de 3 anos.

Como vén sendo habitual terá lugar os 4 domingos do més de novembro e o programa, no que a danza ocupa un lugar destacado, estará composto por 4 espectáculos. 3 deles de recoñecidas compañías procedentes do Estado, xa que a escolma se fai dentro do programa INAEM- Platea no que estamos inseridos hai anos. O 4º do espectáculos, ‘Home de Area’ é unha estrea producida polo Ballet Norte com que vimos colaborando (Concertos de Aninovo, Faiponting, ‘As catro estacións’ e é unha aposta pola produción propia e a posta en valor das compañías e formacións locais que nada teñen que envexar a agrupacións de danza internacionais. Os bailaríns e bailarinas que forma parte desta, son excompoñentes do Centro Coreográfico Galego e/ou cunha ampla traxectoria no mundo da danza.

O espazo de celebración deste ciclo é o Pazo da Cultura, que conta com maior capacidade no seu Auditorio e um amplo aparcadoiro para facilitar o acceso. Contará cun único pase por espectáculo ás 18:30 horas.

As entradas para cada espectáculo poden adquirirse xa en Ataquilla.com a un prezo único de 6€ e será preciso que cada espectador/a, independentemente da súa idade, conte cunha entrada para acceder ao Auditorio. A venda en billeteira, que só terá lugar no caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, comezará dúas horas antes do espectáculo.

Para promocionar o ciclo e como vén sendo habitual, celebraremos 4 sorteos a través do noso Facebook dun pase familiar (4 entradas) para cada un dos espectáculos. O primeiro deles para o espectáculo ‘Tragasueños’, xa está activo.

Domingo 5 de novembro. 18.30h no Pazo – ‘Tragasueños’ de Teatre al Detall

No País de “Durmir Rebén” á princesa Dormilina os seus pesadelos no a deixan pegar ollo. Os seus pais, os reis, meditan e piden consello a médicos, herbolarías e falabaratos pero non atopan remedio para curar o mal da rapaza. Quizais Tragasueños sexa a solución…

Unha historia onírica e máxica inspirada no conto de Michael Ende que fala do medo, do valor terapéutico dos contos e de como buscamos solucións moi lonxe cando a resposta adoita estar no noso interior.

Este espectáculo conta con música ao vivo de LA TRESCA I LA VERDESCA

Teatro e monicreques recomendado a partir de 5 anos.

Premio da Crítica 2014 al MEJOR ESPECTÁCULO FAMILIAR

Finalista do premio Enderrock ao mellor disco de música infantil e familiar

Domingo 12 de novembro. 18.30h no Pazo – ‘Oopart. Historia de un contratiempo’ de Tresperté circo teatro. 

O público agarda expectante para ver a sorpresa que lles depara o dispositivo mecánico-temporal situado antes os seus ollos. Nada é o que parece nesta aventura a través do tempo.

Unha peculiar tripulación recén chegada dunha viaxe a través do tempo, aterra ante os nosos ollos e preséntanos a grande oportunidade de facer viaxes no tempo, iso si, por un módico prezo. Circo e Teatro recomendado a partir de 3 anos.

Premio mellor música orixinal FETÉN 2017

Premio mellor iluminación, escenografía, vestiario e espectáculo de circo de rúa do CIRCO ANDALUZ 2016

Domingo 19 de novembro. 18.30h no Pazo – ESTREA de ‘Home de area’ de ballet Norte.

A acción transcorre nunha aldea onde vive Clara, o seu mozo Nathanael e o fabricante de xoguetes Coppelius. Este último vive nunha casa misteriosa onde mantén as súas creacións: bonecas de tamaño humano descoñecidas para o resto da xente.

Sen resistir á curiosidade, Clara e as súas amigas chegan un día á casa de Coppelius dispostas a descubrir cal é o xoguete escondido alí. Despois de indagar en todas partes, Clara decide facerse pasar pola boneca favorita do artesán.

Espectáculo de danza recomendado a partir de 3 anos.

Domingo  26 de novembro. 18.30h  no Pazo- ‘Zaquizamí’ de Cía. Roberto G. Alonso.

Zaquizamí é un espectáculo vitalista, onde os xoguetes abandonados nun faiado cobran vida, buscan novas oportunidades e fan dos seus defectos, virtudes. Un canto á diversidade, á solidariedade e ao espírito de superación.

Zaquizamí está ao fondo do corredor. Ten tres estantes mal postos, unha porta con chave e un enchufe que non funciona. Cada vez que se apaga a luz hai unha festa e os seus habitantes comezan a vivir, a brincar e a soñar. Shhh… Non fagades barullo, que non se enteren de que o sabedes!

Espectáculo de danza recomendado a partir de 3 anos.

Folleto_COXEGAS_2017