Traballos de mantemento no parque do Campo da Torre

40
    • Tamén se puxeron dous bambáns inclusivos no parque de Barcelos

A Concellaría de Parques continúa a facer melloras nas áreas infantís da cidade garantindo o bo mantemento destes espazos nos que se congregan a diario ducias de nenos.

Nesta ocasión, o Departamento tratou o parque infantil e o espazo verde do Campo da Torre, no barrio da Moureira. Arranxáronse os elementos de xogo e o mobiliario urbano de madeira. Tamén se podaron as árbores e repuxéronse lastros soltos na fonte da praza. Finalmente, pintouse o valado metálico que separa o parque da vía.

Esta intervención tivo un custe de 4.439 euros.

Ademais, tamén se fixeron novas achegas ao parque de Barcelos que está en permanente mantemento. Nesta ocasión foron dous novos bambáns inclusivos, que se veñen a sumar ao xogo inclusivo recentemente colocado no parque, que permite achegar a un rapaz en cadeira até o interior do xogo.