O Pazo e o Teatro Principal forman parte dende hoxe da Rede Española de Teatros

23
  • A súa adhesión formalizábase a mañá de hoxe, mércores, durante a celebración de terceira asemblea anual da Rede, celebrada no marco da Feria Internacional de Teatro y Danza de Huesca.

La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuítos y Festivales de titularidade pública, aprobaba durante a mañá de hoxe mércores, no transcurso da súa terceira asemblea anual, celebrada en Huesca, a adhesión á entidade do Pazo da Cultura de Pontevedra. Coa súa incorporación son xa nove as entidades galegas asociados na Red, na que xa están presentes o Teatro Rosalía de Castro, o Auditorio de Galicia, o Teatro Colón da Coruña, o Auditorio Municipal e o Pazo dá Cultura de Narón, o Teatro Jofre de Ferrol e o Teatro Principal de Santiago de Compostela, ademais da Rede Galega de Teatros e Auditorios AGADIC, á que o Pazo pertence hai anos.

Os trámites para formar parte desta entidade iniciáronse o pasado mes de agosto da man de Carme Fouces, concelleira de Cultura e a xerente e programadora do OO.AA Pazo da Cultura, Pilar Portela, xa que entre os requisistos – ademáis de formar parte da Adminstración Pública e contar con un espazo de máis de 200 localidades – está o de que exista a figura dun responsable de programación. Tanto o Teatro Principal coma o Auditorio do Pazo da Cultura, cumpren todos eles.

A resolución tivo lugar na asamblea celebrada no marco da Feria Internacional de Teatro de Huesca á que asisten durante esta semana ao redor dunha trintena de programadores/as e xestores/as teatrais procedentes de diferentes puntos do estado, así como responsables de redes e circuítos escénicos, que se dan cita neste encontro no que se abordaron aspectos organizativos da entidade e analizouse, así mesmo, o desenvolvemento dalgún dos proxectos que están a marcar a axenda da entidade durante este ano. É o caso do circuíto Danza a Escena 2017, unha iniciativa impulsada co apoio do INAEM e que ata finais de decembro ofrece diferentes representacións de danza en teatros de once comunidades autónomas.

Pilar Portela manifestou a ledicia do Concello de Pontevedra por esta adhesión e as vantaxes que traerá tales coma “unha maior visibilidade no panorama estatal, acceso aos circuítos de distribución e xiras, formación, asesoramento xurídico así como beneficiarnos das sinerxias de pertencer á Red, que conta con 157 institucións que representan 800 espazos”.

Nota Rede Española Teatros