Vinteoito empresas visitan as infraestruturas hidráulicas de Pontevedra

47

O Departamento do Ciclo da Auga realizou esta mañá unha visita ás instalacións municipais de abastecemento de auga potábel e de saneamento, programada para as empresas interesadas na licitación do contrato do servizo de augas, que está en fase de publicación e recepción de ofertas.
Na visita participaron 28 empresas (47 persoas) que visitaron a ETAP en Lérez, o encoro de Pontillón do Castro, o bombeo de Monte Porreiro, o bombeo de Maxisterio, a galería de servizos, e os depósitos de O Campiño e San Amaro.
Hai que lembrar que as empresas teñen de prazo até o 24 de outubro para presentar as súas ofertas.