O Concello garante a continuidade do persoal do contrato da auga

89

    • A Xunta de Goberno aprobou unha aclaración dos pregos técnicos nos que se inclúe o mantemento de todo o persoal e se garanten os seus dereitos laborais e sindicais adquiridos

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana unha aclaración dos pregos da Xestión Integral do Ciclo da Auga relativos á continuidade do persoal. Segundo explicou o concelleiro responsable da área, Raimundo González, con esta aclaración dos pregos técnicos “ofréceselle unha maior garantía para que as empresas manteñan o persoal actual e tamén para garantir os dereitos laborais e sindicais adquiridos”. Na redacción actual do prego técnico non quedaba suficientemente clara esta condición.

O portavoz explicou que esta aclaración non debera supoñer unha demora substancial dos prazos de aprobación dos pregos, dado que aínda non se tiñan publicado nin no BOE nin do DOGA. A exposición pública comeza a contar unha vez publicado en todos os boletíns oficiais nos que é obriga. Hoxe mesmo enviáronse con carácter urxente a todos os boletíns, polo que non está previsto que esta aclaración afecte aos prazos de publicación dos pregos.

De todos os xeitos, Raimundo González aclarou que se finalmente influíra nos tempos do proxecto, estaría xustificado dado que “o máis importante é garantir os dereitos laborais e sindicais dos traballadores”, que son arredor de 60.