Gómez Noya seguirá coa marca Pontevedra na súa axenda

46

Facer todo o que poida na súa cidade. Iso é o que fará o triatleta pentacampión Javier Gómez Noya tras asinar un novo convenio de colaboración co Concello para promocionar a cidade. “A cidade e a súa evolución nos últimos anos, non só a nivel deportivo, senón tamén urbanístico e de calidade. Aquí seguirei grabando anuncios, concedendo entrevistas e facendo o maior número de eventos posible”, dixo Gómez Noya ante o alcalde, que o denominou o “mellor embaixador posible” da capital. “Queremos que siga así, colleitando éxitos e falando ben de nós en calquiera parte do mundo, como me consta que fai”.

Na intervención de ambos ante a prensa destacaron o Multifestival mundial de 2019 como a principal cita deportiva, na que Gómez Noya dixo que intentará por todos os medios participar, “probablemente na proba de longa distancia, pero aínda é cedo para confirmar ese detalle”, dixo o deportista, que ten como obxectivo para este ano conquistar o campionato do mundo de ironman media distancia, así como conseguir alomenos pódium nas series mundiais da ITU, “e, se se pode, incluso gañalas”.

O convenio asinado hoxe prevé un investimento municipal de 60.000 euros ata os vindeiros xogos olímpicos, a razón de 20.000 euros ao ano.