O Concello pinta e rebaixa 51 prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida nos barrios

35

    • É a terceira fase de pintado deste tipo de prazas. En total están totalmente renovadas 212 tanto no centro como nos barrios.
    • Ademais do pintado tamén se están a facer rebaixes ou ramplas en beirarrúas para que sexan accesibles.

O Concello de Pontevedra iniciou nestas semanas o pintado de distintas prazas de estacionamento no centro e nos barrios da cidade. Todas elas son das prazas para usuarios con mobilidade reducida.

Estanse facendo traballos en Conde Bugallal, Pazo da Cultura e no Recinto Feiral, Alameda, avenida de Vigo, Bos Aires, na avenida das Camelias, na rúa Carrasqueira, Casa do Mar, Celso Emilio Ferreiro, Centro de saúde de Lérez, Ciriña, Devesas, Diego Sarmiento, Ernesto Caballero, Francisco Tomás y Valiente, Fragas, IES Torrente, Juan Bautista Andrade, Joaquín Costa, Juan Manuel Pintos, Losada Diéguez, Loureiro Crespo, Avenida de Lugo, Matos, Prado Novo, Praza das Regas, Ramón Otero Pedraio, A Seca, Soutos, Santa Teresa de Jesús Jornet e na rúa Suecia, de Monte Porreiro.

Son en total 51 prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida. O obxectivo da intervención é reducir as posibles barreiras arquitectónicas que teñen coa creación de ramplas ou rebaixe de beirarrúas no seu acceso, ampliar a súa superficie, así como o novo pintado e sinalización para uniformalas en toda a cidade.

Esta é a terceira fase de pintado e mellora da accesibilidade neste tipo de prazas de aparcamento, que sumadas ás dúas fases anteriores, fai un total de 212 prazas para persoas con discapacidade. Aínda quedan algunhas outras prazas nos barrios da cidade por mellorar e -incluso por crear de novo- que se irán facendo en fases sucesivas.

Esta actuación e as anteriores fixéronse atendendo a un estudo realizado polo equipo de mobilidade do Concello en colaboración coa Asociación Amizade que estudou todas as prazas destas características na cidade, avaliou a súa accesibilidade, estado e as necesidades en distintos puntos do centro urbano.

A empresa API é a encargada de realizar este traballo.