O Concello mellora a mobilidade en Mourente: en Cons, O Pazo e O Monte

118
  • O alcalde Miguel Fernández Lores e o concelleiro delegado da parroquia, Alberto Oubiña, avaliaron o resultado da actuación

O alcalde Miguel Fernández Lores acompañado polo concelleiro delegado de Mourente, Alberto Oubiña, visiaron hoxe as obras de accesibilidade, mobilidade e mellora feitas no eixo O Pazo- Cons e no tramo O Monte- confluencia do eixo anterior e que melloran de manera substancial os accesos ás instalacións deportivas do Mercantil.

Falarán coa veciñanza para coñecer a súa opinión do resultado dunhas obras consensuadas con eles.

As obras feitas inclúen o pavimentados das vías, a recollida de augas pluviais, drenaxe e implantación de medidas de calmado de tráfico. Ademais retiráronse varios puntos de luz obsoletos e mal ubicados e colocáronse as luminarias necesarias.

Dúas empresas acometeron os traballos: E.C. Casas (O Monte-Cons) e Ediserpo (Cons-O Pazo), que tiveron un custe global de arredor de 120.000 euros.