Mellora da accesibilidade na rúa Cuña Novás

6
    • Mañá comezan os traballos de ampliación das beirarrúas no primeiro tramo da rúa.
    • Tamén está previsto un asfaltado integral, nova sinalización horizontal e reordenación dos fluxos de tráfico para que poidan dar a volta na rúa (que non ten saída) con seguridade e facilidade.

O Concello de Pontevedra inicia mañá traballos de accesibilidade na rúa Cuña Novás, perpendicular a Fernández Ladreda, que suporán a reordenación do tráfico.

A actuación céntrase na primeira parte da rúa, moito máis estreita que no tramo final. Neste punto ampliaranse as beirarrúas até cumprir os estándares de accesibilidade e crearanse dous carrís de 2,50 metros de ancho.

Tamén se mellorará a beirarrúa do interior da rúa substituíndo, reparando ou colocando lousas que poidan estar levantadas ou rotas.

Finalmente, está previsto un aglomerado integral e o pintado dunha nova sinalización horizontal, creando un espazo de libre de estacionamento ao final da rúa para que os coches poidan dar volta con seguridade e facilidade.