PROPÓN UNHA MULLER

34

O Concello de Pontevedra sumouse á campaña de sensibilización iniciada por Polo Correo do vento, sobre o papel da muller na cultura e na sociedade galega mediante a activación de diferentes ámbitos e comunidades para facer un chamamento sobre a necesidade de ter máis mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas, xornada de valor indiscutible para o noso país.

O nome é “PROPÓN UNHA MULLER”.

A campaña terá custe cero e tentará que a xente se implique de xeito espontáneo e por diferentes medios polo atractivo e sinxelo da súa proposta así é como da necesidade que temos de cambiar unha situación de inxustiza: soamente 3 mulleres contan con anos dedicados á súa figura dende 1963 ano en que a Real Academia iniciou esta festividade literaria.

Coñece toda a proposta de Polo correo do vento neste pdf: Propón unha muller – LETRAS GALEGAS 2018