-
- Nesta ocasión os obradoiros infantís trasladaranse á rúa Serra, mentres que no Mercado voltará a música e gastronomía, ademais do tradicionais postos
A Concellaría de Promoción da Cidade pon fin este sábado á tempada de Sétima Feira até o vindeiro outono. Nesta ocasión acordouse dar a benvida ao verán cun guateque. Ademáis, se o tempo acompaña, Sétima sairá á rúa Serra para celebrar o potencial creativo da cidade. Un bo reflexo desta creatividade serán as actividades infantís, nas que a rapazada da casa traballará a arte pop centrándose nas historietas de cómics reproducidas por Roy Lichtenstein.
A participación nos obradoiros é de balde previa inscrición en setimafeira@pontevedra.gal ou directamente e por orde de chegada o día da actividade.
O mes pasado Sétima Feira foi o lugar escollido para impartir unha sesión de fotografía co móbil, e este mes as fotos do aplicado alumnado estarán expostas no primeiro andar da Praza de Abastos.
A xornada estará amenizada polos picadiscos Rhythm & Beer coa súa divertida e improvisada pinchada 100% vinilo, e ás 13.00h dará comezo a sesión vermú a cargo do trío Sabela King and the Hearthbreakers que transportando ao público á década dos 60.
A parte gastronómica deste guateque correrá a cargo da empresa Elefantes de Cacharrería.
Non hai que esquecer que coa entrada ás Matinés do Principal os visitantes disporán dun desconto do 5% nos postos colaboradores.
Sétima Feira é unha iniciativa impulsada pola Área de Promoción Económica do Concello de Pontevedra que ten como finalidade dinamizar a escea creativa da vila, favorecendo un espazo para o emprendemento creativo, e apostando pola colaboración entre os novos creadoros e o comercio local.
Os participantes nesta última Sétima Feira da tempada serán:
- AGALICE, tapicería
- CASAL DE CREACIÓN, enmarcación creativa
- CON_Y_GRIEGA complementos
- DEGERÓNIMO, mochilas e bolsas
- ESTILO PURATITÍ, complementos para o cabelo
- LECHANELAS, textil
- MARBLU, bolsos
- MICO DISEÑO TEXTIL, textil
- POLO CORREO DO VENTO, contos
- PASELOQPASE xoiería e textil
- RACATAPLAN textil infantil
- SARISVECOUTURE textil
- SWEET PARIPÉ calecetíns
- WILD MARMELO, ilustración
- XIRO, jeans ecolóxicos