O Pazo cede unha aula permanente para a Escola de Escritores da AELG

    8
      • Os 29 e 30 de xuño haberá un obradoiro de Ledicia Costas para os gañadores do V Certame de Relato Curto

    A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na cidade do Lérez. Así o anunciou esta mañá a concelleira de Cultura, Carmen Fouces nunha comparecencia conxunta cos representantes da AELG para presentar un novo obradoiro da asociación.

    Será os vindeiros 29 e 30 de xuño na aula permanente da AELG no Pazo da Cultura, a cargo de Ledicia Costas para os autores dos cinco mellores textos de cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato e adultos) do V Certame de Relato Curto que organiza da Fanpa en colaboración co Concello de Pontevedra. Ledicia Costas exercerá de guía literaria para que os alumnos afonden na súa vocación literaria.

    Por outro lado, tamén se presentou o I congreso de poesía que organiza a AELG para abordar os últimos 40 anos de poesía en Galiza. Haberá distintas mesas para abordar temáticas como “Nós tamén navegar”, Teatro e poesía, traducións, ou 40 anos de crítica literaria, entre outras temáticas.