A Concellaría de Promoción da Cidade recupera co bo tempo o programa Pontevedra a pé, que organiza roteiros e visitas temáticas pola cidade. Nesta ocasión serán Cunca e nécora Noitiña. Será este sábado, 10 de xuño a partir das 20 horas dende a praza de España.
Son roteiros nocturnos polo centro histórico, outra visión de Pontevedra cando cae o sol. Faranse tres paradas para degustar ó mellor, gastronómica e enoloxicamente falando, dos productos da nosa terra e deste xeito saborear, como seu nome indica, a noitiña e a vida de Pontevedra.
A duración é dunhas dúas horas.
Grupo máximo de 15 pax a partires de 18 anos
Prezo: 12€/pax
Todas as reservas en: turinapontevedra@gmail.com