COMEZAN AS PRIMEIRAS RESTRICIÓNS DE TRÁFICO PARA A CELEBRACIÓN DA COPA DE ESPAÑA DE TRIATLON POR CLUBS
O venres 9 de xuño comezan as primeiras restricións de tráfico por mor da celebración da Copa de España de Triatlón por Clubs.
A partir das 09:00 horas péchase ao tráfico a Avenida Bos Aires, entre a Ponte dos Tirantes e Ponte das Palabras (urbanización Monte Porreiro). Este tramo permanecerá pechado ao tráfico até o remate da Copa e recollida da loxística, aproximadamente o domingo día 22 ás 23:00 horas
RÚAS DIRECTAMENTE AFECTADAS POLO EVENTO DEPORTIVO
VENRES 9 DE XUÑO
- Córtase ao tráfico a Avenida de Bos Aires (tramo Pte. dos Tirantes e Pte das Palabras)
SABADO 10 DE XUÑO
- A partir das 14:30 horas péchase ao tráfico todo o circuíto:
- Xose Malvar (entre cruce da Seca e a Ponte dos Tirantes).
- Avenida Bos Aires (Ponte Santiago até Ponte das Palabras Urbanización Monte Porreiro.
- Enxeñeiro Rafael Areses
- Alexandre Bóveda
- Avenida Compostela (sentido entrada cidade)
- Celso Emilio Ferreiro e Campus Universitario
- A previsión de remate das probas e apertura ao tráfico das citadas rúas será ás 21:30 horas.
DOMINGO 11 DE XUÑO
- A partir das 08:00 horas até as 15:30 horas péchase ao tráfico o circuíto:
- Xose Malvar (entre cruce da Seca e Ponte dos Tirantes).
- Avenida Bos Aires (Ponte Santiago até Ponte das Palabras Urbanización Monte Porreiro.
- Enxeñeiro Rafael Areses
- Alexandre Bóveda
- Avenida Compostela (sentido entrada cidade)
- Celso Emilio Ferreiro e Campus Universitario
- A previsión de remate das probas e apertura ao tráfico das citadas rúas será as 15:30 horas.
RESTRICCIÓNS DE APARCAMENTOS
- A partir das 22 horas do xoves 8 de xuño prohíbese o estacionamento na Avenida de Bos Aires (entre a Ponte dos Tirante e a Ponte das Palabras).
- A partir das 15 horas do venres 9 de xuño prohíbese o estacionamento en Xose Malvar (entre a rúa da Seca e a Ponte dos Tirantes), Enxeñeiro Rafael Areses, Avenida Compostela, e Avenida de Bos Aires (entre Ponte de Santiago e Ponte dos Tirantes).
- A partir das 22 horas do venres 9 de xuño prohíbese o estacionamento no Campus Universitario e en Alexandre Bóveda.
PROGRAMA INFORMACIÓN PERSONALIZADA
A Policía Local de Pontevedra, dende hoxe, pon en servizo un programa de información personalizada, de tal xeito que ante calquera dúbida todos os cidadáns poden consultar a súa circunstancia especial co relación a mobilidade os días 9 e 10 de xuño.
As consultas pódense realizar mediante contacto telefónico (986 83 30 80) ou por correo electrónico cetra@pontevedra.eu.