O Concello saca a concesión pública dos quioscos da praia fluvial e de Barcelos

64

    • Serán por un período de 5 anos, cada un, e os concesionarios deberán achegar un canon de 1.100 euros/ano no caso da praia fluvial e de 2.400 euros/ano en Barcelos.
    • O gañador da concesión de Barcelos deberá facer obras para devolver o quiosco ao seu estado orixinario. Unha das partes do quiosco terá que empregarse para almacén.

O Concello de Pontevedra aprobou iniciar o proceso de concesión dos quioscos da praza de Barcelos e da praia fluvial. Dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, os interesados terán un prazo de 30 días hábiles para presentar as súas ofertas, seguindo os pregos técnicos no caso de cada quiosco. Son dúas instalacións municipais que o Concello quere sacar en concesión para os vindeiros cinco anos, de tal xeito que teñan unha continuidade na apertura de ambos locais.

Tal e como recollen os pregos, as instalacións que saen a concesión son:

    • O quiosco da Avenida de Bos Aires, ao lado da praia fluvial do Río Lérez. Nesta instalación inclúense os baños que forman parte del.
    • O quiosco da  Praza   de   Barcelos.   No   espazo   que   se   cede deben   realizarse   as   obras   de   acondicionamento   necesarias   para   que   se   poida destinar a quiosco. Consta de dous locais, un deles ten que destinarse a quiosco e o outro a almacén ou usos similares.

Os licitadores poderán formular oferta por  unha das  instalacións  ou  polas  dúas.

A superficie dos locais son:

    • Praza de Barcelos: son dous locais, cunha superficie cada un deles de 7,76 m/2.  Un dos locais debe destinarse a almacén ou usos similares. Considerase   que   as   obras   mínimas   que   debe   realizar   o   adxudicatario   son   as   de restituír   a   instalación   ao   seu   estado   orixinal;   é   dicir,   eliminación   dos   paneis   de   tapiado colocados   para   evitar   o   acceso   ao   interior   dun   dos   locais,   arranxos   ou   cambios   das carpinterías de aluminio de peche perimetral, reposicións de acristalamento, pintura, revisión e adaptación á  normativa   vixente   da   instalación   eléctrica,   restitución   da   iluminación, colocación de rampla de acceso ao interior dos quioscos e revisión da impermeabilidade da cuberta. O mobiliario necesario para prestar o servizo será a conta do concesionario.
    • O quiosco da avenida de Bos Aires é un contedor de 24 m/2. A superficie   destinada a quiosco propiamente dita  é de 5,45 m/2, o resto do contedor dispón de aseos para persoas con mobilidade reducida, un aseo para cada sexo e unha enfermería, estás últimas ao servizo dos usuarios da praia.

O prazo de duración das concesións será o seguinte:

    • Na Praza de Barcelos será de 5 anos a contar desde a sinatura do documento de formalización da concesión.  Poderase acordar prórrogas por períodos dun ano, ata o máximo de 10 anos máis. Ese prazo máximo de 10 anos de prórrogas terá un carácter improrrogable.
    • En relación ao quiosco da Avenida de Bos Aires, a duración da concesión axustarase o fixado na Praza de Barcelos. O período de duración da concesión  dentro de cada ano será desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, así como todos os domingos, festivos e sábados dos seguintes períodos: desde o 1 de xaneiro ata o 10 de xaneiro, desde o 1 de abril ata o 31 de maio e desde o día 15 de decembro ata o día 31 de decembro.

Os concesionarios deberá aboar ao Concello de Pontevedra un canon anual. O importe do canón será proposto na oferta económica polos licitadores, sen que poida ser inferior a:

    • 1.100   euros/ano máis IVE   pola   concesión   demanial   das   instalacións situada na Avenida de Bos Aires.
    • 2.400   euros/ano máis IVE   pola   concesión   demanial   das instalacións   situada   na   Praza   de   Barcelos.   A   contía   concreta   deste   será   a   que   resulte   da adxudicación desta concesión.

O prazo de inicio da prestación do servizos de quioscos será de 1 mes para o quiosco da praia fluvial e 2 meses o da praza de Barcelos, contado a partir do día da propia sinatura dos contratos administrativos de concesións.