-
- A Xunta de Goberno Local aproba o luns o proceso de contratación por un valor de 274.895 euros e un prazo de execución de 4 meses.
- Seguirá o modelo existente de ampliación de beirarrúas, un carril de circulación, estacionamento a ambos lados, nova iluminación e arborado.
A Xunta de Goberno Local aprobará a vindeira semana o proxecto de contratación da ampliación da urbanización de toda a avenida de Vigo, entre a rúa Luís Seoane e o nó do Pino. O orzamento desta actuación de máis de 300 metros é de 274.895 euros, coas melloras incluídas e ten un prazo de execución de 4 meses.
O portavoz do Goberno, Raimundo González informou esta mañá que esta obra se enmarca dentro do obxectivo do Goberno Local de trasladar a calidade urbana do centro da cidade ás parroquias e a todos os barrios. De feito, é unha actuación que no seu día foi consensuada cos veciños do entorno e que é moi importante para o Goberno dado que se trata de mellorar a imaxe dunha das saídas da cidade, factor importante de cara aos visitantes que se achegan a Pontevedra.
A intervención de reurbanización é similar ao primeiro tramo que se realizou durante a apertura da avenida Josefina Arruti:
-
- As beirarrúas teñen un mínimo de 3 metros
- Un carril de circulación
- Estacionamento en liña a ambos lados da rúa
- Arborado na marxe dereita da rúa
- Retranquear o alumeado existente (xa renovado con anterioridade) e completar as farolas que faltan.
- Refacer toda a rede de sumidoiros.
A actuación vese reforzada por outras melloras que xa se teñen realizadas nesta rúa como a mellora da accesibilidade e o calmado de tráfico na rúa, que se respectarán nesta actuación.