-
- A principios de curso, a Concellaría de Educación mantivo un encontro con cada un dos centros de ensino para coñecer as necesidades de mantemento e realizar un plan de intervención, priorizando as actuacións urxentes, e a continuación o resto de obras necesarias.
A Concellaría de Educación está a realizar obras de mantemento e conservación de diversa entidade nos distintos centros de ensino do Concello. Estas obras forman parte do plan de investimentos fixado pola Concellaría o pasado ano logo de visitar cada centro de ensino, recoller as demandas das diretivas, de valoralas cos servizos técnicos municipais e de retirar todas aquelas que non entraban dentro da competencia municipal, dado que o Concello só pode realizar traballos de conservación e mantemento nos centros educativos de Infantil e Primaria.
Este plan de intervención estase a facer con cargo ao departamento de Obras mentres se remata de tramitar o expediente de contratación para o mantemento, reparación e conservación dos centros de ensino valorado en 200.000 euros para todo ano. Para a Concellaría é prioritario facer este contrato para regularizar e sistematizar todos os labores habituais que se fan nos colexios.
O investimento neste curso escolar 2016/2017 foi de 129.225,51 euros, dos cales no ano 2016 a contía foi de 51.036,63 euros e o investimento de 2017 é de 78.188,88 euros.
Neste ano, a Concellaría de Educación ten no plan de investimentos as seguintes actuacións nos centros de ensino:
-
- CEIP A Xunqueira I: Arranxo de reparación de soportes e pintura por 26.576,73 euros
- CEIP Álvarez Limeses: Subministro de material para arranxos realizados no centro por 238,13 euros.
- CEIP Cabanas:
- Subministro de material para arranxos por 238,13 euros e 211,15 euros.
- Subministro para reparación de porta:360,58 euros
- CEIP Froebel: Reparación de pavimento vertical por 798,60 euros
- CEIP Manuel Vidal Portela
- Colocación de porta de seguridade na sala de ordenadores: 837,32 euros
- Pavimento na aula de informática: 2.633,69 euros
- Subministro de material: 53,24 euros e 710,38 euros
- CEIP Ponte Sampaio: Subministro de materiais par ao peche con fronte ao viario: 4.436,16 euros
- CEIP Vilaverde: Subministro de materiais por 471,90 euros
- CEIP Campolongo:
- Substitución de fiestras en corredor interior: 4.282,19 euros
- Subministro de material: 238,13 euros
- Reparación do falso teito: 774,40 euros
- CEP Marcos da Portela: Reparación de instalación 84,70 euros
- EEI Concepción Crespo Rivas
-
-
- Reparación de linteis moi deteriorados: 2.764,45 euros
- EEI Fina Casalderrey
-
-
-
- Reposición falso teito en aula: 3.686,26 euros
- Subministro material para arranxos en Fina Casalderrey e Vidal Portela: 710, 38 euros
- Tratamento de seguridade e antiesvaramento de plancha no pavimento exterior: 786,50 euros.
-
As obras máis importantes no ano 2016 (dentro do curso 2016/2017) foron:
-
- CEIP A Xunqueira I:
- Arranxo de dúas escaleiras de comunicación vertical: 4.128,52 euros
- Arranxo de muro exterior: 8.770,02
- CEIP A Xunqueira II
- Colocación varanda e porteiro electrónico: 10.801,69 euros
- Reformas para instalación de sistema antipánico en dúas portas: 1.156,09
- CEIP Praza de Barcelos
- Renovación de fontanería: 6.252,29 euros
- Eliminación de filtración de augas ao ximnasio: 1.268,56 euros
- Colocación de varandas: 1.076,90
- CEIP Cabanas:
- Reparación peche exterior: 1.335,20 euros
- Colocación de protección en pilastras do porche 1.016,40 euros
- CEIP Froebel:
- Reparación por filtracións de auga en Froebel Campolongo, Parada e Fina Casalderrey: 28.694,47
- CEIP Manuel Vidal Portela: Reposición de letreiros de auga: 1.214,36 euros
- CEIP Marcón: Arranxos no parque infantil: 3.412,20 euros
- CEIP San Martiño: Limpeza, pintura e tratamento hidrofugante de fachadas: 39.661,38 euros
- CEIP Vilaverde:
- Traballos de arranxos dos falsos teitos: 15.521,76 euros
- Substitución de fiestras do edificio administrativo: 3.245,22 euros
- EEI Concepción Crespo Rivas:
- Labores de mantemento de patio exterior: 9.960,94 euros
- Pintado de paredes e estrutura de porche trasteiro: 2.504,70 euros
- CEIP A Xunqueira I:
Este investimento de case 130.000 euros complétase cunha partida de 30.000 euros que a Concellaría de Educación financiou na Escola Infantil da Parda para gardar e aparcar os carriños de bebé.