O parque infantil de Marcón recupera a súa imaxe

42

O Concello de Pontevedra vén de remocicar o parque infantil de Marcón mellorando o chan da instalación de lecer así como os elementos de xogo para que estea en perfectas condicións de uso de cara á primavera e o verán, estacións nas que estas áreas teñen máis uso.

O investimento da reforma foi de 11.836,22 euros para instalar un novo firme do parque (herba sintética), pintar os xogos e tamén reparar algúns dos elementos que se topaban en mal estado.

O proxecto completarase cunha segunda intervención para mellorar a contorna do parque uniformando o chan xa que ten distintos niveis e sementar céspede. Esta segunda actuación terá un investimento de 2.241,40 euros.