Aberta a inscrición até o 5 de abril para participar no Mercadillo das Palmas

34
    • O mercadillo celebrase o 7 e 8 de abril.

O Concello de Pontevedra volve celebrar os vindeiros 7 e 8 de abril nas inmediacións da rúa César Boente, na parte frontal do Mercado de Abastos, o tradicional Mercadiño de Palmas, con motivo da próxima celebración do Domingo de Ramos, o 9 de abril.

Para poder participar neste mercado, as persoas interesadas deberán pasar pola oficina da Administración do Mercado, situada na planta alta do Mercado, para retirar a solicitude correspondente entre os días 22 de marzo e 5 de abril.