Visita ás melloras na parroquia de Campañó no Cachapal e A Devesa

100
    • O alcalde e a concelleira da parroquia, Pilar Comesaña visitaron as novas pavimentacións do lugar do Cachapal.
    • Na Devesa contemplaron a restauración do lavadoiro centenario do lugar, que se viu mellorado coa incorporación dunha parcela cedidad por un veciño.

O alcalde e a concelleira delegada da parroquia de Campañó, Pilar Comesaña visitaron esta tarde os últimos traballos de mellora que se realizaron en distintos barrios da parroquia de Campañó. A visita comezou polo lugar do Cachapal, onde o Concello investiu arredor de 70.000 euros para acondicionar todas as vías do lugar: pavimentación e canalización de aguas onde foi necesario.

A continuación, visitaron A Devesa para ver o resultado da restauración do lavadoiro centenario do lugar. Esta actuación tivo un custe duns 10.000 euros e fíxose en varias fases. Primeiro recuperouse o lavadoiro coa reparación das fontes, do tellado, a limpeza das pedras… e finalmente ampliouse a contorna desta centenaria instalación pública cunha parcela lindeira cedida por un veciño.