Xa está na rúa o Calendario 2017, con fotografías de Raquel Calviño

13

Vinteséis fotografías da instagramer pontevedresa Raquel Calviño protagonizan este ano o Calendario municipal de 2017, que se distribúe gratuítamente entre a poboación. As persoas que desexen un exemplar poden recollelo na sede municipal de Michelena 30. Se ben non se limita o número de exemplares por persoa, recoméndase unha recollida responsable, para que poda chegar a un maior número de fogares.

Este ano, a diferencia de outros, as fotografías son únicamente dunha autora, Raquel Calviño, que invade co seu obxectivo do cotián todos os meses do ano, recollendo escenas urbanas alonxadas do tradicional concepto de “postal”. Logra así transmitir a idea do que significa a Pontevedra de hoxe: unha cidade viva e chea de xente nas rúas.

Deseñado por Ramón Peón e impreso por Gráficas Anduriña, recolle así mesmo un texto do crítico de arte Ramón Rozas: “A cámara de Raquel Calviño convértese no rexistro dese tempo suspendido no que ás veces só nós rachamos unha atmósfera que dende a nosa ausencia orixina unha especie de esparzo máxico no que os obxectos agachados nos seus comercios, activan o seu protagonismo adormecido”