A bo ritmo as obras do Hospital, que poderán rematarse a mediados de decembro

99

As obras de mellora do acceso do Hospital Provincial poderán estar rematados a mediados de decembro, sobre o día 20. Así o constataron esta mañá os técnicos municipais e os da empresa, así como o concelleiro de obras, Luís Bará que visitaron como se van desenvolvendo os traballos.

Nestes momentos xa están derrubados os muros de peche para abrir a fachada do edificio, e estase a traballar nas rampas de subida con formigón barrido negro, ao igual que hai na nova praza do Hospital.

As obras complétanse coa retirada do pavimento das escaleiras para substituílo por pedra, ademais de chorrear todo o espazo. Tamén se farán traballos de xardinería retirando os setos que bordean as subidas á entrada principal, de tal xeito que se poidan ver os dous principais elementos deste espazo: a estátua de Asorey e o seixo que preside a fachada.

Luís Bará lembrou que a obra levou unha tramitación complexa porque foron necesarias as autorizacións dos Sergas e da Dirección de Patrimonio da Xunta de Galicia, pero todas as administracións implicadas foron da man xa que a colaboración foi máxima por todas as partes.