Pontevedra mantén a presidencia da Rede de Cidades que Camiñan

26

Pontevedra presidiu a asemblea xeral ordinaria da Asociación “Rede de cidades que camiñan” na que se fixo balance e aprobación das contas do pasado ano e se aprobaron as vindeiras e aprobáronse diversos eventos e congresos da asociación.
Entre as accións realizadas pola rede durante o presente ano están promover a elaboración de metrominutos de concellos como Vitoria-Gasteiz, Carballo, Torres Vedras, Mahón, Villanueva de la Serena, Ciudad Real, Ponferrada, Arahal, e Torrelodones; ou a elaboración dun manual técnico en colaboración con Auguria Taller de Urbanismo no IV Congreso de Cidades que Camiñan, que será publicado pola Fundación Pons e enviado a todos os municipios que integran a rede.
Pablo Barco, coordinador da Rede de Cidades que Camiñan explicou que son moitos os concellos que queren formar parte da rede e a súa primeira petición é a creación de metrominutos, un traballo lento e detallista, que leva o seu tempo.
Tamén deron conta da Alianza Cidades 30Km/h que vai aumentando o número dos concellos adheridos (o último Puerto Real) á mesma realizándose novas invitacións de adhesión, ofrecendo recomendaciones técnicas e propoñendo a creación de áreas 30 e de prioridade peonil no conxunto dos municipios da rede.
Tamén se presentou o proxecto City4kids, é dicir, unha selección de boas prácticas que fomenten a participación dos menores no deseño das cidades que implica a convocatoria dun novo premio basado na entrega de insignias a aqueles menores que participan neste tipo de actividade. A colación saíu a proposta dos alumnos do colexio de Barcelos de ampliar o seu patio na praza.
Por outra banda acordouse que o V Congreso Cidades que Camiñan se celebre no Concello de Irún,  e amosouse interese de celebrar próximos congresos en Córdoba e Arahal.
Se ratificou a xunta diretiva da asociación integrada por:

  • Presidencia España: Pontevedra
  • Presidencia Portugal: Torres Vedras
  • Vocais:
    • Córdoba
    • Ponferrada
    • Puerto Real
    • Carballo
    • Mahón
    • Torrrelodones
    • Arahal

Finalmente o coordinador da Rede convidou aos membros integrantes a visitar Pontevedra “porque é unha grande influencia para motivar para facer cousas”.
A asemblea xeral é a convocatoria previa á celebración do Congreso da Rede de Cidades que Camiñan, que será hoxe, 14 de outubro, no Concello de Torrelodones e no que Pontevedra participará a través dunha conferencia que impartirá o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.