A Concellaría de Educación volve colaborar coa Federación de Asociacións de Pais e Nais de Pontevedra na organización e promoción das ludotecas do verán para nenos entre 3 e 12 anos, Ludoverán 2016, nos meses de xullo e agosto.
Nesta ocasión ofrécense 1.690 prazas e todas as persoas interesadas deberán presentar as solicitudes
- Local da FANPA (Rúa Xan Guillermo) do 6 ao 10 de xuño de 09.00 a 14.00 horas
- Por correo electrónico ludotecas@nontedurmas.org, do 6 ao 10 de xuño de 09.00 a 14.00 horas.
As ludotecas estarán divididas en catro quendas quincenais nas urbanas, e en dúas quendas mensuais nas rurais. Ademais, como novidade, ofértase unha ludoteca deportiva, que se fará ao aire libre sempre que o tempo o permita.
As urbanas serán en Campolongo, Manuel Vidal Portela (inglés), Marcos da Portela, Barcelos e Crespo Rivas (só infantil), e Xunqueira I (deportiva)
As rurais serán en Cabanas, Ponte Sampaio, Vilaverde, Parada-Campañó, A Carballeira e Xeve.
Os horarios serán de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, e ampliado de 08.30 a 14.30 horas para as persoas que o precisen.
Ofrécense servizos complementarios como madruga e comedor.
Para máis información: