Máis de 700.000 euros para pequenos arranxos no rural nos próximos 3 anos

34

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o inicio do procedemento de contratación para a execución de pequenas obras no rural polos períodos 2016-2018. O portavoz do Goberno, Raimundo González, explicou que se trata de facer unha contratación para as pequenas obras de reparación nas vías públicas nas parroquias do rural para realizar arranxos en muros, novas drenaxes, a reparación de arquetas, pequenos tramos de asfaltado…

A finalidade desta contratación é tratar de mellorar a vida útil dos bens e tamén racionalización do procedemento administrativo.

Esta contratación será por dous anos coa posibilidade dunha prórroga dun ano máis. O orzamento total será de 725.575,79 euros (ou o que é o mesmo 241.000 euros ao ano). No caso de 2016, o investimento será da metade do previsto para a anualidade, é dicir, 120.000 euros.

Esta contratación non vai en contra das melloras que fagan as brigadas municipais.