Acordo entre o Concello, Xunta e La Caixa na loita contra a probeza infantil

35

O Concello de Pontevedra, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social, e a Fundación La Caixa asinaron onte un convenio de colaboración para a loita contra a pobreza infantil no concello. En virtude deste acordo, enmarcado dentro do proxecto Caixaproinfancia da Fundación La Caixa, destinararse unha contía de 250.000 euros en tres anos para 50 familias beneficiarias con rapaces entre 0 e 18 anos en risco de pobreza ou exclusión.

A participación das administracións no convenio será a de localización das familias beneficiarias, a través dos gabinetes de Servizos Sociais do Concello. Farase unha proposta global de actuación que incida de formar integral na transformación e mellora da realidade da infancia e das familias.

O proxecto Caixaproinfancia busca romper a liña de trasmisión da pobreza de padres a fillos, e fomentar a igualdade de oportunidades. O programa diríxese á infancia en situación de pobreza económica e vulnerabilidade social.

Un dos obxectivos do proxecto é garantir a promoción socioeducativa do menor, entendendo de que esta dependerá, en boa medida, do seu benestar futuro. Concrétase no desenvolvemento de cinco grandes liñas de traballo:

  • Reforzo educativo
  • Educación non formal e tempo libre
  • Apoio educativo familiar
  • Atención e terapia psicosocial
  • Promoción da saúde