A Xunta retoma o proxecto de ampliación de Montecelo

29

A Xunta de Galicia retoma o proxecto de ampliación do Hospital Montecelo. Onte o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, o xerente do CHOP e un técnico de obras da Consellería, achegáronse ao Concello de Pontevedra para presentar a súa proposta tanto ao Goberno Local como aos grupos da oposición.

Nunha comparecencia posterior, o conselleiro explicou que fai uns meses abriu un proceso de diálogo cos distintos axentes implicados neste proceso: Concello, sector sanitario, sindicatos, asociacións de veciños, comuneros de montes para pulsar o sentir destes colectivos. E detectou un rechazo frontal ao proxecto de Monte Carrasco.

Sen desbotalo aínda, o conselleiro asegurou que unha vez que exista consenso sobre a ampliación de Montecelo, a Xunta de Galicia aparcará o proxecto do hospital de Monte Carrasco.

No Concello houbo boa sintonía coa decisión de aparcar Monte Carrasco e retomar o proxecto de Montecelo. Aínda sen ter demasiados datos sobre a mesa -porque iso sería parte doutro proceso da negociación- si se deu a coñecer que o novo Hospital construiríase para a parte de atrás de Montecelo, sería de agudos e se deixaría o actual edificio para outras especialidades como cirurxía ambulatoria, corta estancia, hospital de día… aínda que todos os servizos sanitarios estarían por definir.

O conselleiro comprometeuse a ter unha segunda reunión co alcalde ben a vindeira semana ou ben a seguinte, para ir pechando esta aposta e tamén por ir concretando compromisos xa adiantados polo alcalde como a colaboración do Concello na urbanización do entorno e, incluso, da Deputación na rede viaria.