23 empresas presentan oferta para facer a rede de saneamento de Mourente e Bora

39

O Concello de Pontevedra reuniu esta mañá a mesa de contratación para a Rede de sumidoiros nas parroquias de Mourente e Bora. Coñeceuse que presentaron oferta 23 empresas para executar esta nova rede de saneamento que ten un orzamento de 987.982,53 euros e un prazo de execución de 9 meses.

O proxecto recolle as obras necesarias para conducir as augas vertidas nos lugares de O Pazo, Carabelos, Eirós na parroquia de Mourente, e Leirados en Bora, ás súas conexións coa rede existente ata facelas chegar á planta depuradora situada en Praceres. Son 5.000 metros lineais de tubaxes, á que se sumará unha rede de recollida de augas pluviais de 852 metros lineais, tamén na estrada de Ourense. Será a instalación de tubos de 400 mm cos seus correspondentes pozos de rexistro e sumidoiros.

Trátase de instalar arredor de cinco quilómetros de tubaxes seguindo a estrada de Ourense N-541 entre os quilómetros 88, 89 e 90, para dar servizo a unhas 160 vivendas.

Nesta licitación inclúesen como melloras a instalación da rede de abastecemento neste ámbito e completar o saneamento até o núcleo de Leirados, na parroquia de Bora.

Con este proxecto a parroquia de Mourente tería practicamente completo o saneamento, e viríase a sumar ao 83% do rural pontevedrés que xa dispón de alcantarillado, especialmente todas aquelas parroquias e núcleos próximos ao centro urbano: Lérez, Marcón, Tomeza, Lourizán, Salcedo e Mourente.

As empresas que se presentaron ao concurso son:

    1. Actividades de construcción, edificación y viales S.L. (Acevi)
    2. Arias hermanos construcciones S.A.
    3. Canalizaciones y construcciones Salnés S.L.
    4. Civis Global SLU
    5. Construcciones Caldevergazo SL
    6. Construcciones E.C.Casas SL
    7. Construcciones Obras y Viales SA
    8. Construcciones Ramírez SL
    9. Construcciones Taboada y Ramos
    10. Copcisa SA
    11. Elsamex SA
    12. Espina Obras Hidráulicas SA
    13. Espina y Delfín SL
    14. Excavaciones y construcciones Laureano Covelo SA
    15. Excavaciones y construcciones Manuel Pérez Portela
    16. Hordescon SL
    17. Narom SL
    18. Obras y viales de Galicia SL
    19. Ogmios proyecto SL
    20. Petrolam A Veiga SL.
    21. Proyecon Galicia SA
    22. Viaqua Gestión integral de Aguas de Galicia SAU
    23. Xestión Ambiental de Contratas SL.