Primeiro contacto cos composteiros comunitarios

71

Membros da Comisión de Territorio, Urbanismo e Medio Ambiente visitaron esta tarde o centro de compostaxe comunitaria da Cidade Infantil Príncipe Felipe. O convite foi trasladado a todos os grupos que integran a Comisión, ás Federacións de veciños (que á súa vez convidaron ás asociacións veciñais), Adega e Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) e Vaipolorío.

Na visita coñeceron un o composteiro comunitario que emprega a Cidade Infantil Príncipe Felipe para reaproveitar os seus resiudos. Trátase dun composteiro no que fan prácticas os “mestres composteiros” que está a formar o proxecto Revitaliza da Deputación, pero é similar ao que o Concello de Pontevedra instalará nos barrios da cidade para reciclar os residuos orgánicos.

Trátase de tres cubetas de 1 metro cúbico cada unha na que se van depositando os residuos orgánicos que teñen que ter unhas características determinadas de humidade e calor. Serán os mestres composteiros os encargados de que o compost que resulte destes colectores comunitarios sexa da mellor calidade.

Na visita puidose comprobar como un compost ben feito non xenera cheiros, nin atrae insectos, fronte a un mal feito que si xenera cheiros. Ademais, tamén se comprobou o sinxelo de todo o procedemento. O asesor de residuos da Deputación, Carlos Pérez explicou que o único que ten que facer o veciño é depositar no composteiro os restos orgánicos.