O Concello completa o abastecemento 
de Cunchidos cunha obra de 30.000 euros

44

O Concello de Pontevedra inicia mañá os traballos para dotar de abastecemento de auga potábel a unha boa parte do núcleo de Cunchidos, na parroquia de Lourizán. A empresa que a executa é Viaqua que realizará esta mellora a cargo das melloras da rede de abastecemento en baixa e de saneamento que contempla o seu contrato. O custe das obras é de 29.318,61 euros.

As obras inclúen arredor de 250 metros de rede de abastecemento (en tres tramos) así como a conexión á rede existente para dar servizo a un grupo de vivendas que neste momento carecen del.

O prazo de execución da obra é dun mes, aproximadamente.