Inician as obras de accesibilidade e seguranza viaria na contorna do colexio de Praceres

66

O Concello de Pontevedra inicia mañá os traballos de seguranza viaria e accesibilidade no centro de ensino de Praceres onde está previsto facer unha reordenación de tráfico, creación de estacionamento, calmado de tráfico, eliminación de barreiras e creación de espazos seguros para que os nenos poidan asistir ao colexio .

Está previsto a construción dunha beirarrúa na  marxe esquerda da vía (que arrodea a praza) que pasará de dous carrís a un só, mantendo o sentido do tráfico de Marín a Pontevedra. A eliminación do carril permitirá ampliar a beirarrúa na marxe esquerda e tamén crear un espazo de estacionamento nesta man para crear o maior número de prazas posibles.

No lado da vía do tren, tamén está previsto a eliminación dun parterre para continuar e anchear a beirarrúa, e solucionar un problema de augas pluviais.

A actuación completarase coa instalación de pasos de peóns elevados e eliminación de barreiras na praza.