Apoio unánime á Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado

92

A Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos apoio hoxe, por unanimidade, a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Pontevedra coa que a cidade opta aos fondos europeos Feder. O presidente da Comisión, Luís Bará agradeceu o apoio a todos os grupos, que fixeron en moitos casos contribucións e apoios expresos á concurrencia destes fondos.

A Estratexia que xira sobre os eixos: Cidade Intelixente, Cidade Sostible, Cidade Integradora, recolle proxectos por valor de 84 millóns de euros, pero os susceptibles de ser financiados por estes fondos serían 15 millóns de euros (máis 700.000 euros para a contratación dos profesionais para elaborar os proxectos).

O proxecto será presentado mañá no Ministerio de Administracións Públicas, encargado de repartir, en todo o Estado, estes fondos.