O Concello aproba proxectos de mellora da mobilidade para Campañó e Lourizán

74

A Xunta de Goberno Local da luz verde a dous novos proxectos de mellora da mobilidade, accesibilidade e seguranza viaria no rural. As actuacións, que sairán a licitación, desenvolveranse nas parroquias de Campañó e Lourizán.

O portavoz do Goberno Local, Raimundo González Carballo, informou que no proceso de adxudicación valorarase tanto o prezo ofertado como a inclusión de accións complementarias como poden ser a mellora da capa asfáltica ou a construción de pasos de peóns sobreelevados (lombos).

A mellora en Campañó afectará a estrada que vai de Sabarís a Cabaleiro. O proxecto sairá a licitación por 241.890,23 euros.

A segunda actuación será no lugar de Carballeira en Lourizán e neste caso o prezo de licitación será  de 235.643,5 euros.