A Universidade e o Concello crean o SIP: Sistema de información de Pontevedra

137

A Concellaría de Promoción da Cidade asinou un acordo coa Universidade de Vigo para pór en marcha un Observatorio local de datos denominado SIP (Sistema de información de Pontevedra) que xa dispón de dotación económica para este ano para que a Universidade de Vigo en colaboración co Concello de Pontevedra poidan traballar sobre datos reais e útiles para a análise da situación municipal.

A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías adiantou o compromiso da súa concellaría para seguir traballando de xeito máis intenso sobre o sistema de datos económicos do Concello.

Este foi un dos asuntos abordados na reunión do Consello Económico e Social celebrado na tarde do mércores no Concello de Pontevedra. Neste encontro tamén se expuxeron as liñas básicas do orzamento municipal 2016, así como a presentación da posíbel candidatura do Concello aos Fondos Feder a través da iniciativa DUSI.

Segundo explicou Anabel Gulías, o obxectivo é potenciar o elemento diferenciador de Pontevedra, que é a participación social na elaboración do documento ben a través de vías individuais no portal maispontevedra.gal ou a través dos colectivos veciñais.

O CES volverase a convocar no mes de decembro para abordar varios puntos que non pudieron tratarse nesta primeira reunión como a creación dun Plan de emprego, a proposta do Partido Socialista.

Anabel Gulías agradeceu o “ambiente construtivo” de todos os asistentes con propostas dirixidas a mellorar o tecido social e económico da cidade.