Pontevedra, unha cidade con Mobilidade Intelixente, de persoas intelixentes

92

Unha foto de Jean Pierre Raffarin (presidente de la Fundación Prospectiva e Innovación) e Li Tie (director xeral do Centro Chino para o Desenvolvemento Urbano) cos representantes das cidades europeas –Miguel Anxo Fernández Lores- e chinas distinguidas co EU China Smart Mobility Award marcou o inicio dunha larga xornada na que Pontevedra volveu a ser un exemplo de mobilidade intelixente.

Momentos antes do posado, Jean Pierre Raffarin, ex primer ministro de Francia e presidente da Fundación Prospectiva e Innovación, promotora dos premios, falou uns minutos co alcalde Miguel Fernández Lores sobre Pontevedra e Galiza, dúas realidades sobre as que tiña coñecemento.

Raffarin subliñou a necesidade de mirar cara a costa Atlántica á hora de deseñar cidades intelixentes, amábeis que poñan ao peón no centro, como amosa o exemplo de Pontevedra.

Non foi o único momento do día no que coincidiron. Pola noite a Gala de entrega dos premio Smart Mobility City Award volveunos a xuntar. Un momento no que o alcalde Miguel Fernández Lores declarouse encantado de recibir un novo recoñecemento internacional que avala o bo camiño da transformación urbana de Pontevedra e que acredita que “Pontevedra é unha cidade de mobilidade intelixente, de cidadás intelixentes”.

O premHong Kong 5io que recibiu Pontevedra está na categoría de Deseño e Planificación Urbana, e vencellado a experiencias de novas cidades, eco distritos e zonas de baixas emisións de contaminantes. Xunta e ela foron distinguidas outras 19 cidades de Europa e 20 chinesas.

Os premios e o foro sobre cidades con mobilidade intelixente enmárcase na China International New Energy Vehicle, un evento que aposta pola mobilidade non contaminante (vehículos limpos) e dun xeito máis amplo pola procura de deseños urbanos eco sostibles e saudables.

O IntendenHong Kong 8te Principal da Policía Local, Daniel Macenlle, foi o encargado de amosar e explicar a transformación urbana de Pontevedra, na Asia World Expo, un modelo deseñado para recuperar os espazos públicos para as persoas o que implica unha aposta pola “desautoxicación”, por permitir só os tráficos necesarios e facerlle a vida difícil ao prescindíbel. Unha aposta que contribúe dun xeito determinante a reducir a contaminación do aire. Fixóo nunha mesa redonda sobre “Novos conceptos de cidade en Europa e China” .

“O aspectHong Kong 1o fundamental deste cambio é a mobilidade. Transformáronse prazas e rúas para provocar un modo máis natural e lóxico de moverse: camiñar. Esa é a chave de todo o proceso” sinalou Daniel Macenlle quen engadiu que “camiñar máis, equivale a vivir máis seguros, gozar dun medio máis saudábel, menos contaminado, promover unha vida activa, provocar maiores facilidades aos nenos aos máis maiores”.